As persoas que abaixo asinamos VÍTIMAS DO FRANQUISMO, familiares das VÍTIMAS do franquismo ou non queremos proclamar através dun sinxelo acto de homenaxe no cemitério de Serantes (FERROL), às 17 horas do Domingo, 11 de Outubro de 2009 que todas aquelas persoas masacradas pelo regime franquista eran inocentes de cualquer crime ou delito quer fosen militares, operários, campesiños, comerciantes, profisionais, etc. A maioria delas viviran e deran a vida na luta en favor da causa do operariado galego e mundial: O SOCIALISMO; estavan a favor do mellor para a Galiza e a Humanidade non eran nen bandoleiros nen bandidos: a sua vida, os seus actos e a sua morte estavan inspirados nos mellores e mais altruistas princípios republicanos, federalistas e democráticos en que se significaran as mais destacadas individualidades da Humanidade.
Em Ferrol, 10 de Junho de 2009